Empecei a escribir en Pequenenas hai anos, e antes de Pequenenas tiven outros blogs máis ou menos lidos nos que esbardallaba disto e aquelo. Hai quen vai correr, hai quen pinta, hai quen le, e hai quen necesita escribir de vez en cando… eu estou neste último grupo.
O mellor de ter ideas chega cando, despois de darlles forma e traballar nelas, se converten en realidades que fan que esteas un pouco máis contenta do que estabas antes. Despois de meses sen escribir, eu vexo este blog co seu minilogo e os seus (de momento) poucos posts, e non podo estalo máis.
Benvid@s á miña nova casiña en Internet, e mil gracias por seguirme ata aquí! 🙂
